Búsqueda avanzada

Quenda de oficio

Garantimos o Dereito Fundamental á Defensa

A Quenda de Oficio é un servizo público derivado da Xustiza Gratuíta que se centra en ofrecer asistencia xurídica en procesos xudiciais e/ou asesoramento en trámites relacionados cos Tribunais a todos os cidadáns que, segundo a Constitución Española, declaren insuficiencia de recursos para litigar.

En España, a Quenda de Oficio é un servizo prestado por avogados voluntarios, pero retribuídos, que garanten o Dereito Fundamental á Defensa, especialmente naqueles grupos socialmente máis vulnerables como son os menores, as vítimas de violencia de xénero ou os inmigrantes.

Este servizo préstase a través dos Servizos de Orientación Xurídica (SOX). Aquí, o cidadán interesado na asignación dun Letrado de Oficio deberá aportar toda a documentación solicitada para a devandita adxudicación; do contrario, está obrigado a abonar os gastos.


SOJ

Un servizo de asesoría para os cidadáns

O Servizo de Orientación Xurídica (SOX) é a área encargada de asesorar aos interesados en recorrer á Asistencia Xurídica Gratuíta. Cada colexio contará cun departamento deste tipo. Está conformado por 4 Letrados que se adican a xestionar as tramitacións e as solicitudes de Avogados de Oficio para cada caso.

Os Letrados encargados de prestar estes servizos de asesoramento agrúpanse en comisións de garda para asistir aos peticionarios da Asistencia Xurídica Gratuíta. Renóvanse dous Letrados cada ano, pero a renovación faise de un en un cada seis meses para garantir a correcta fluidez do servizo.

 
Estes son os modelos que os peticionarios deben encher para acceder á valoración do servizo de Asistencia Xurídica Gratuíta:
 

Comisión del turno

Órganos de control que velan polo correcto funcionamiento da Xustiza

A Comisión da Quenda é o órgano de goberno encargado de xestionar e velar por un correcto funcionamento interno da Quenda de Oficio, tal e como recolle o Regulamento da Quenda de Oficio do Colexio de Avogados de Vigo no Título V, artigo 36:

      «Se constituye una Comisión de Seguimiento Permanente del Turno de Oficio y de la Asistencia al Detenido, que será presidida por el Decano del Colegio de Abogados o miembro de la Junta de Gobierno en quien delegue y estará formado por nueve Abogados de los inscritos en el Turno de Oficio, cuidando de que haya representación de cada una de las especialidades [...].»

Entre as funcións da Comisión da Quenda figuran facer o seguimento do funcionamento interno, reportar incidencias e comprobación de xustificantes da Quenda de Oficio.

COMPOSICIÓN

Este equipo está dirixido, neste caso, por D. Francisco José Vila Blanco,
 Dª Asunción Álvarez Lois y Dª Sonia Fdez. Vilar, designados pola Decana do Colexio como Delegado da Xunta de Goberno da comisión. Os nove membros restantes que completan este órgano de control elíxense da seguinte forma. Título V, artigo 36 do mesmo regulamento:

      «Sus miembros serán designados bianualmente por la Junta de Gobierno, de entre los que formen parte de las listas con una antigüedad mínima de 5 años en el Turno de Oficio y que lo hayan solicitado, cuidando que, al menos uno de ellos, esté inscrito en el Turno Penal-Asistencia al detenido o preso.»
 
 

Normativa relativa á quenda de oficio


A Quenda de Oficio conta con regulación propia dirixida a manter uns niveis de calidade estándares e promover un óptimo funcionamento do sistema. Esta é a normativa actual pola que se rexe esta especialidade da Avogacía:
 
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrar sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Aceptar cookies | Más información