Búsqueda avanzada

Mestrado de Avogacía

Formación da man dos mellores profesionais

O Máster en Avogacía, que organiza o Colexio de Avogados de Vigo entre outros, é un máster de orientación profesional no marco da profesión regulada de avogado. Responde á normativa aprobada no noso país que, dende outubro de 2012, declara carácter de obrigatoriedade para aqueles recén titulados que desexen exercer a Avogacía en territorio español. Esta titulación convértese así, nun tipo de formación de alto interese profesional, académico e científico para a Universidade de Vigo (UVIGO) e para a Comunidade Autónoma de Galicia.

Esta titulación vai dirixida a un público moi concreto conformado por Licenciados e Graduados en Dereito ou en calquera outro título universitario de Grado sempre que garanta unha base de coñecementos sólida sobre as competencias xurídicas esixidas. Impártese nos tres campus da UVIGO: Ourense, Pontevedra y Vigo.

O curso impártese en modalidade presencial e facilita o acceso a estudos de doutorado regulados polo Real Decreto 99/2011, de 28 de xaneiro, polo que se regulan as ensinanzas oficiais de doutorado.

A duración do máster é de tres cadrimestres, con clases normalmente de luns a xoves e excepcionalmente os venres, en quenda de tarde. Esta información está suxeita a cambios anuais, segundo o curso académico. Para máis información, descargue os seguintes documentos:
Quero colexiarme no ICAVigo.
 
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrar sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Aceptar cookies | Más información