Búsqueda avanzada
COMUNICACIÓN.- Servizo de atención profesional a vítimas de violencia sexual no marco do pacto de estado contra a violencia de xénero
21/11/2022

O pasado mes de agosto asinouse un convenio entre o Consello da Avogacía Galega e a Xunta de Galicia dirixido a garantir a atención xurídica a mulleres vítimas de violencia sexual naqueles supostos en que non sexa de aplicación o artigo 20 da Lei 1/2004, do 28 de decembro, de medidas de protección integral contra a violencia de xénero.

Obxecto do convenio: Garantir que as vítimas dispoñan dun avogado ou avogada especialista en delitos contra a liberdade sexual, que as asista en canto á denuncia, o asesoramento xurídico e o acompañamento inicial, todo isto con independencia de que a vítima dispoña ou non de recursos para litigar.

Duración do convenio: O convenio produce efectos dende a súa sinatura e ata o 31/12/2022, sen prexuízo de que poida subscribirse un novo convenio para o 2023. .

¿Cando se presta a asistencia?: Esta atención letrada prestarase todos os días do ano e as 24 horas do día.

¿Quen presta a asistencia?: Será levada a cabo por avogados e avogadas que figuren na quenda de violencia contra a muller, durante as súas gardas.

¿En que consiste?: En prestar asesoramento xurídico e orientación nos momentos iniciais; asistencia legal na práctica das primeiras dilixencias e, de ser o caso, na interposición da denuncia; acompañamento legal inicial ante o órgano xudicial ou xurisdicional, entre outros. Non cubre o procedemento penal que se inicie tras a denuncia. Para este último caso, a vítima tería que solicitar, se tivese dereito, o beneficio de xustiza gratuíta para exercer a acusación particular, ou ben designar un letrado ou letrada da súa confianza no caso que non se lle recoñecese tal beneficio.

Xustificación da asistencia: Deberán xustificarse de forma independente, xa que o aboamento da asistencia non se inclúe nas prestacións da asistencia xurídica gratuíta. Para este efecto, deberase presentar cuberto un parte de asistencia específico, que se achega con esta comunicación.

Compensación económica: Compensarase con 180 €

Para máis información poderase contactar coa secretaría técnica.

Accede ao parte de asistencia de atención ás vítimas de agresións sexuais

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrar sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Acepto | Rechazo | Configurar | Más información