Búsqueda avanzada
COMUNICACIÓN.- Oferta Memento Propiedad Horizontal 2022-2023
12/09/2022
No marco de colaboración que desde Lefebvre mantemos co Colexio poñemos á túa disposición o Memento Práctico Propiedade Horizontal 2022-2023 a un prezo reducido.

O Memento Propiedade Horizontal trata de ofrecer unha análise diferente sobre a normativa en materia de propiedade horizontal, tanto pola gran profundidade no seu estudo como polo seu enfoque práctico, abordando cuestións apenas tratadas por outras obras pero que resultan de gran interese para o administrador de leiras e o asesor inmobiliario.

Lonxe de ofrecer ao usuario o enfoque máis habitual desde un punto de vista do Dereito civil inmobiliario, destaca o tratamento interdisciplinar da materia que realiza o Memento, coa inclusión de cuestións fiscais, laborais, contables, protección de datos, e as relativas ás obras de accesibilidade, en protección das persoas con discapacidade, e as telecomunicacións.

Se o desexas, podes beneficiarche do prezo reducido nesta edición especial, 32,69 € + IVE. Gastos de envío incluídos (excepto Canarias, Ceuta e Melilla).

O prazo de adquisición de exemplares finaliza o 7 de outubro.

A entrega da publicación realizarase antes do 24 de outubro en cada domicilio e/o despacho.

REALIZAR COMPRA
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrar sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Acepto | Rechazo | Configurar | Más información