Búsqueda avanzada
COMUNICACIÓN.- LEXNET: Cambios importantes na versión web e escritorio
10/05/2022
Dende o 9 de maio, deberá utilizarse a nova versión da solución tecnolóxica do Ministerio de Xustiza para a xestión de comunicacións electrónicas con órganos xudiciais LexNET 5.1.

En consecuencia e según a modalidade de LexNET utilizada polo profesional da avogacía, debes proceder da seguinte maneira:



1. En relación a LexNET Escritorio:

En base ás informacións recabadas da Subdirección General de Calidad de los Servicios Digitales, Ciberseguridad y Operaciones do Ministerio de Justicia, resulta necesario proceder á actualización da versión LexNET escritorio, descargando e instalando a versión 1.9.4.1 Dita versión podes descargala desde a seguinte dirección, elixindo a descarga que corresponda co teu sistema operativo.

É importante indicar que a partir de hoxe, as versións anteriores non se comportarán cun fucionamento adecuado, según informa a Subdirección General. Finalmente, añadir que a nova versión estará dispoñible para Windows e para MAC



2. En relación a LexNET Web.

Do mesmo modo, a aplicación web de LexNET sofre modificacións que obrigan ao usuario a instalar a aplicación Autofirma. Podes realizalo conforme aos seguintes pasos:

Dita aplicación poderás obtela descargándoa dende a seguinte dirección.

Unha vez descargado debes executar dito arquivo seguindo os pasos que o proceso de instalación che solicite. No arquivo que se xunta denominado “Consejos de instalación de Autofirma”, podes visualizar ditos pasos e do mesmo modo che indicamos opcións de integracións avanzadas (que non resultan necesarias para un uso normal). E igualmente, algunhas advertencias que poden ser do teu interese.

Indicar, por último, que ambalas dúas modalidades de uso de LexNET son compatibles co certificado electrónico da Avogacía.
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrar sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Acepto | Rechazo | Configurar | Más información