Búsqueda avanzada
RECORDATORIO COMUNICACIÓN.- Convocatoria Premios Excelencia da Fundación Mutualidade da Avogacía 
26/05/2022
Prezado compañeiro, prezada compañeira:
 
                   A Fundación Mutualidad Abogacía remítenos a convocatoria dos Premios Excelencia, que presiguen apoiar e incentivan o esforzo de aqueles estudiantes que tiveran demostrado un remarcable rendemento académico a través da valoración dun traballo de autoría individual sobre calquera tema relacionado cos aspectos prácticos do exercicio profesional da avogacía.
 
                    A estes premios poden acceder os licenciados e licenciadas e/ou os graduados e graduadas en Dereito que estean cursando ou tiveran cursado nos últimos 5 anos o máster  ou o curso de acceso da avogacía, e que non superen os 30 anos de idade.
 
                     O xurado dos Premios Excelencia está composto por profesionais de prestixio que evaluarán as obras presentadas, entre outras cuestións, que supoñan un enfoque orixinal e novidoso da práctica profesional, a súa evolución e a aportación doutras disciplinas á mesma. Os criterios de valoración destas obras están disponibles nas bases da convocatoria.
 
                     Os participantes poderán optar á dotación económica de entre 5.000 €, 3.000 € e 2.000 €, que recibirán os tres traballos gañadores, ademáis de beneficiarse do pago das cotas colexiais dos dous primeiros anos de exercicio e de dous anos no plan profesional da Mutualidade da Avogacía.
 
                      As persoas candidatas deberán de rexistrarse no  Portal Amigos/as de la Fundación, donde encontrarán habilitado un enlace para a inscrición e o envío dos seus traballos ata o 10 de xullo de 2022.
 
                       Un saúdo,
 
A Decana,
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrar sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Acepto | Rechazo | Configurar | Más información