Búsqueda avanzada
Circular 53/2020. Curso de Acceso á Quenda de Oficio 
19/05/2020
A Xunta de Goberno está a organizar o CURSO DE ACCESO Á QUENDA DE OFICIO, que terá lugar nos seis últimos días laborais do mes de xuño, entre as 12 e as 14 horas., en formato presencial ou online, dependendo do número de preinscritos.

Este curso vai dirixido a aqueles letrados e letradas residentes no partido xudicial e Vigo ou de Redondela, que cumplan entre xuño deste ano e maio do 2021 o requisito de tempo (3 anos) de exercicio profesional, que establece a Orde do Ministerio de Xustiza de 3 de xuño de 1997 para o ingreso na Quenda de Oficio.

Os interesados deberán preinscribirse na Secretaría do Colexio ata o 1 de Xuño, por correo electrónico a colexio@icavigo.org

A partir do 5 de xuño confirmaráse a inscrición aos admitidos e informaráse da fórmula que se utilizará para levar a cabo o curso (presencial ou online).

En breve, convocaránse os Cursos de Estranxeiría e de Violencia sobre a Muller para o Acceso ás Quendas das devanditas materias.
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrar sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Acepto | Rechazo | Configurar | Más información