Búsqueda avanzada
Circular 35/2020             Instr. 1/2020 Secretaria Xeral da Administración de Xustiza relativa á xestión da conta de depósitos e consignacións.
26/03/2020
Prezado compañeiro, prezada compañeira:
 
                  Damos traslado de a INSTRUCIÓN 1/2020, DO SECRETARIO XERAL DA ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA, RELATIVA Á XESTIÓN DA CONTA DE DEPÓSITOS E CONSIGNACIÓNS XUDICIAIS DURANTE A VIXENCIA DO ESTADO DE ALARMA, na que se establece que as contías depositadas na conta de depósitos e consignacións xudiciais que deban ser entregadas ás partes ou a terceiros terán a consideración de actuacións inaprazables durante o período de vixencia do estado de alarma. Dispón a Instrución que os Letrados da Administración de Xustiza acordarán o pago das contías depositadas preferentemente mediante transferencia directa á conta corrente dos beneficiarios. A expedición de mandamentos de devolución limitarase aos supostos en que non se proporcionou esa información e o interesado ou o seu representante non a faciliten a requirimento do Letrado"
 
                  Acompáñase ademais á presente comunicación ACORDO DE QUENDAS publicado o dia 24 de marzo polo Secretario Coordinador de Pontevedra, no que se establecen as quendas dos Letrados de Administración de Xustiza dos Xulgados da Provincia de Pontevedra.
 
                  Un cordial saúdo,

A Decana


- Acordo de quendas
 
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrar sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Aceptar cookies | Más información