Búsqueda avanzada
Circular 3/2020. Festividade Colexial o venres, 7 de febreiro 
07/01/2020
A tradicional Festividade Colexial vaise celebrar o venres, 7 de febreiro.

Para esa data a Xunta de Goberno programou os actos seguintes:

12:15 horas. Imposición de “Insignia de Oro”
Hall do Auditorio Palacio de Congresos Mar de Vigo (Av. da Beiramar, 59):

- Concerto do Coro do Colexio

- Imposición da “Insignia de Oro” do Colexio aos compañeiros D. José Luis Feijoo Borrego, Dª Ana María Bouzo Pérez, D. Jorge Antonio Sequeiros Franco, D. José Manuel Rodríguez Álvarez, D. Joaquín Fausto Hervada Yáñez, Dª Maria Teresa Fernández Mediero e Dª María de los Angeles Seoane Prieto, polos seus 40 anos de ininterrompido exercicio profesional como colexiados do ICA Vigo.

O Auditorio conta con parking público, pero non temos acceso desde o parking ata o interior do Auditorio, polo que a entrada será pola porta de taquillas.

Iniciado o acto, pecharánse as portas, que volverán a abrirse para o Viño de Honra.


13:30 horas. Viño de Honra para autoridades e colexiados.
Hall do Auditorio Palacio de Congresos Mar de Vigo (Av. da Beiramar, 59).

21:15 horas Cea colexial Restaurante Club de Campo (Rúa de Canido, 95 – Vigo)
Aperitivo e cea seguida de baile coa orquestra “Club Naval”.

(Servizo de autobuses para o traslado e regreso da cea).

O prezo do cuberto para a cea, xa subvencionado polo Colexio, será de 35 euros para os colexiados, e de 55 euros por un acompañante.

As tarxetas para a asistencia pódense reservar na Secretaría, debendo ser retiradas como máis tarde o día 4 de febreiro.
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrar sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Aceptar cookies | Más información