Búsqueda avanzada
COMUNICACION.- Uso da APP do ICA VIGO
11/04/2024
Prezado compañeiro, prezada compañeira:

Recordámosche que a través da aplicación móbil do Colexio, tes á túa disposición as seguintes prestacións ordenadas en seccións:
 
- MENSAXES: Nesta sección recibirás todas as mensaxes que che enviamos dende o Colexio
- EVENTOS: Podes consultar todos as actividades e cursos programados accedendo ó noso calendario na rede.
- TELÉFONOS: Poderás consultar os teléfonos de interese para profesionais (xulgados, fiscalía, Rexistro Civil, etc.)
- INCIDENCIAS: Nesta sección poderás notificarnos todas as incidencias que se produzan nos xulgados, nas gardas de quenda de oficio, etc. ,en especial, a hora de sinalamento da vista e a hora real de celebración do xuízo, o que nos proporcionará información sobre os retrasos de cada xulgado. Do mesmo xeito, poderás notificar as queixas pola falta da debida consideración que merece a nosa profesión, para que poidan ser debidamente tramitadas.  Estes datos trataranse con carácter anónimo.
 - QUENDAS/GARDAS: Podes consultar todas as túas quendas e gardas de oficio.
- XULGADOS DE GARDA: Información sobre as datas nas que están de garda todos os xulgados da provincia de Pontevedra.
- PAGAMENTOS E COBROS: Recóllese a información de todos os pagamentos e cobros efectuados polo ICA VIGO, así como a información fiscal do último ano.
- LIGAZÓNS: Podes acceder ás ligazóns de interese más utilizadas da páxina web do ICA VIGO
- CENSO AVOGACÍA: Censo de letrados do CGAE.
- CENSO: Censo de letrados do ICA VIGO.
- CARNÉ COLEXIAL: que che permitirá identificarte co teu móbil como colexiado ou colexiada do ICA de Vigo.
 
Podes descargar a aplicación  poñendo ICA VIGO nas stores de Android ou Apple.
Por suposto, agradeceremos todas as suxestións que consideres oportunas para mellorar a aplicación.
 
Un cordial saúdo,
                                                                                         A Decana,
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrar sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Acepto | Rechazo | Configurar | Más información