Búsqueda avanzada
Circular 42/2021 Cursos de formación do CGPJ. 2º semestre 2021 
03/06/2021
Prezado compañeiro:
 
          O CGAE e o CGPX suscribiron un convenio marco de colaboración no que, entre outras cuestións, se establecía a intervención de membros da carreira xudicial nos cursos de formación da avogacía, así como de avogados na escola xudicial.
 
           Como en anos anteriores, o CGPX remitiu a relación de actividades formativas on line que se xunta,  na que se ofrecen prazas para avogados, indicando as datas da celebración dos distintos cursos e seminarios, así como o número de prazas asignadas.
 
           As solicitudes deberán remitirse antes do 10 de xuño á dirección de correo electrónico planformacion@abogacia.es, indicando os seguintes datos:
           
Nome:
Colexio de adscrición:
Correo electrónico:
Tfno. de contacto:
DNI
 
         As solicitudes serán tidas en conta en función da recepción no CGAE e concederán prioridade aos solicitantes que non tiveran participado en ocasións anteriores.
 
         Debido ao alto número de solicitudes, o CGAE só dara resposta aos solicitantes no caso de ser seleccionados para participar nas actividades, o que se produce cunha antelación aproximada dun mes á data da celebración da actividade formativa correspondente. Se nesa data non contactaron co solicitante, entenderáse que a súa participación non foi posible.
 
         Un saúdo,
 
                                                                                                           A Decana,
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrar sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Acepto | Rechazo | Configurar | Más información