Búsqueda avanzada
COMUNICACIÓN.- Programa de clases en liña en materia de violencia de xénero 2025. Consello da Avogacía Galega
14/11/2025
Prezado compañeiro, prezada compañeira:

Facémosvos chegar a comunicación do Consello da Avogacía Galega, informando dun novo programa gratuíto de conferencias en liña en materia de violencia de xénero, impartidas por profesionais especializados na materia. O programa desenvolverase nas seguintes datas e horarios:
  • Datas: venres 14, martes 18, mércores 19, xoves 20, martes 25, mércores 26 e xoves 27 de novembro.  
  • Horario: o venres 14 de novembro, de 17 a 19 horas. O resto dos días,  de 16 a 18 horas.
Esta actividade formativa enmárcase dentro do convenio de colaboración entre a Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, a Consellería de Política Social e Igualdade para o desenvolvemento de accións de formación especializada a profesionais da avogacía sobre atención a mulleres e menores que sofren violencia de xénero no marco do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero.

Os interesados e interesadas podedes inscribirvos na seguinte ligazón: https://us06web.zoom.us/webinar/register/WN_v2iY45LuReWMnrHzFhVbIw . O rexistro a través do formulario dará dereito ao acceso a todas as clases en liña do programa; non será preciso repetir a inscrición para cada xornada.

Primeira conferencia

A primeira intervención correrá a cargo de Vicente Magro Servet, maxistrado do Tribunal Supremo, que abordará a xurisprudencia actualizada do Tribunal Supremo en materia de violencia de xénero. Os contidos da relatoría serán os seguintes:
  1. A declaración da vítima. Criterios.
  2. A reclamación do dano moral na violencia de xénero e sexual.
  3. Presunción de inocencia e motivación da sentenza cando concorren declaracións da vítima e do acusado.
  4. Maltrato habitual.
  5. Crimes de xénero e agravantes.
  6. Delitos de ameazas.
  7. Quebrantamento de condena.
  8. Artigos 153 CP e 468 CP.
  9. Agravante de xénero e parentesco.
  10. A aleivosía nos crimes.
  11. Delito de acoso (stalking).
  12. Coaccións.
  13. Maltrato psíquico.
  14. Inclusión e exclusión dun feito como de violencia de xénero.
  15. Xurisprudencia recente.
 
Sobre Vicente Magro Servet:
  • Maxistrado do Tribunal Supremo desde febreiro de 2018.
  • Doutor en Dereito Penal e Procesual Penal con sobresaínte cum laude.
  • Autor de numerosos libros e artigos xurídicos.
  • Posúe a Cruz de Honra de San Raimundo de Peñafort, Premio Xustiza da Generalitat Valenciana en 2011, Medalla Penal do Ministerio do Interior 2013, Premio Calidade da Xustiza CGPJ 2014, Premio Soledad Cazorla en 2016 pola súa actividade contra a violencia de xénero, Premio ACIJUR en febreiro 2017 da prensa xurídica de Madrid.
  • Tamén é membro asesor do Observatorio de Violencia doméstica e de xénero do CGPJ desde o ano 2002.
En breve facilitaranse os temas que se impartirán o resto dos días.  A información sobre os mesmos actualizarase gradualmente en: https://avogacia.gal/conferencias-violencia-2025/ 

Quedamos á vosa disposición en redes@avogacia.gal e no teléfono 981 121 893
 
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrar sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Acepto | Rechazo | Configurar | Más información