Búsqueda avanzada

S.A.V.I.

SERVIZO DE ASESORAMENTO E ORIENTACIÓN EN MATERIA DE VIVENDA  (S.A.V.I.) DO ILUSTRE COLEXIO DE AVOGADOS DE VIGO


O servizo de asesoramento e orientación xurídica está dirixido ós cidadáns que acrediten carencia de recursos económicos, tomando como referencia os requisitos básicos establecidos no artigo 3 de la Lei 1/1996, do 10 de xaneiro, de asistencia xurídica gratuíta.
 
O asesoramento e orientación comprenderá todos aqueles aspectos referidos a trámites de carácter administrativo ou xudicial no ámbito relacionado cos dereitos e obligacións das persoas en risco de perder a súa vivenda como consecuencia dun procedemento de execución hipotecaria, polo impago da renta de aluguer ou por calquera outra circunstancia imprevista ou sobrevenida, sempre que esta vivenda constitúa o seu domicilio habitual e permanente.
 
Asimesmo, se asesorará sobre todos os programas de axudas aprobados polo IGVS que teñan por obxetivo evitar a perda da vivenda a persoas que estén en situación de desamparo, así como de aqueles outros que estén orientados a solucionar o problema do seu realoxo.
 
Para solicitar cita: asesoramientovivienda@icavigo.org   
Teléfono:                986 20 81 11

Descargas:

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrar sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Aceptar cookies | Más información