Búsqueda avanzada
Preséntase na Subdelegación do Goberno en Galicia “O impacto da violencia de xénero en España: unha valoración dos seus custos en 2016”
19/07/2019
Coincidindo co día da celebración da xustiza gratuíta e da quenda de oficio, a Subdelegación do Goberno en Galicia acolleu a presentación do estudo O impacto da violencia de xénero en España: unha valoración dos seus custos en 2016.

O devandito estudo ten como obxectivo estimar os custos da violencia de xénero en España no ano 2016. É o primeiro estudo destas características a nivel nacional. Podes consultalo a través da seguinte ligazón.

Así mesmo, achegámosvos a presentación do estudo que realizou María Debén, asesora de Igualdade da Delegación de Goberno, e Emmanuela Díaz Castro-Rial, coordinadora das catro unidades de Violencia de Xénero das subdelegacións de Goberno.
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrar sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Aceptar cookies | Más información