O 18 de xuño, tivo lugar na Delegación Territorial da Xunta de Galicia, en Vigo, a presentación do servizo de Mediación Intraxudicial Familiar. O acto contou coa presenza de Alfonso Rueda, vicepresidente do goberno galego; M.ª Lourdes Carballo Hidalgo, decana do Ilustre Colexio de Avogados de Vigo; María Rosa Álvarez, presidenta do Colexio de Psicoloxía de Galicia; Susana García-Baquero, fiscal xefe e Germán Serrano, xuíz decano.
Este servizo, para asuntos de familia, activarase o 1 de xullo.
Consulta as fotografías tomadas durante o acto da presentación do servizo na sección de
galería da web.
Fonte: Atlántico