No vindeiro mes de xuño, entrará en funcionamento o SERVIZO DE MEDIACIÓN INTRAXUDICIAL FAMILIAR, en virtude do convenio de colaboración asinado co CXPX, a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, a Consellería de Política Social, o Ministerio Fiscal, e o Colexio de Psicoloxía de Galicia.
Os compañeiros e compañeiras que queiran formar parte deste servizo e que xa figuren inscritos no REXISTRO DE MEDIACIÓN DO ICAVIGO deberán cubrir o seguinte
impreso de solicitude e remitilo por correo electrónico a
merchi@icavigo.org, antes do
día 5 de xuño para confeccionar a lista de gardas que será de cinco letrados/mediadores cada mes.
Para os que aínda non estean inscritos no Rexistro e queiran formar parte deste servizo deberán solicitar previamente a inscrición nel, remitindo o seguinte
formulario cuberto xunto coa documentación que se indica. Posteriormente, esta solicitude someterase á aprobación da Xunta de Goberno e, se é favorable, procederase á inscrición no Rexistro de Mediación do ICAVigo e no Servizo de Mediación Intraxudicial Familiar.
Así mesmo, achegamos o
Protocolo do Servizo de Mediación Intraxudicial Familiar e, convocarase a todos os colexiados a unha reunión informativa.