Búsqueda avanzada
O TS sinala que a Administración de Xustiza non pode ditar unha providencia de constrinximento ata que non se liquide o concurso
26/04/2019
A Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Supremo, na sentenza n.º 367/2019 do 20 de marzo establece que ata que non se levanten os efectos da declaración do concurso a Administración Tributaria non pode ditar providencia de constrinximento para facer efectivos os seus créditos contra a masa.

Así, en aplicación conxunta do artigo 164.2 Lei xeral tributaria cos artigos 55 e 84.4 da Lei concursal, os créditos contra a masa deberán reclamarse ante o xuíz polos trámites do incidente concursal.

Consulta a STS n.º 367/2019 de 20 de marzo.


Fonte: Cinco Días
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrar sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Acepto | Rechazo | Configurar | Más información