Búsqueda avanzada
O TC considera inconstitucional a falta de recurso contra o decreto dos letrados da Administración de Xustiza nos procedementos de xura de contas
21/03/2019
O Pleno do Tribunal Constitucional resolveu un recurso de inconstitucionalidade e nulidade contra o parágrafo terceiro do art. 34.2 e o parágrafo segundo e cuarto do art. 35.2 da LEC, os cales determinaban que os decretos dos letrados da Administración de Xustiza nas reclamacións de honorarios de avogados e procuradores non eran susceptibles de recurso.

O Tribunal entende que a exclusión de recurso fronte ao decreto supón unha vulneración da tutela xudicial efectiva. Por iso, mentres que o lexislador non se pronuncie, o recurso que procederá fronte ao decreto do letrado da Administración de Xustiza será o de revisión recollido no artigo 454 bis da LEC.

Consulta a nota informativa n.º 34/2019 do Tribunal Constitucional.
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrar sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Acepto | Rechazo | Configurar | Más información