Búsqueda avanzada
Xa está dispoñible o álbum e o vídeo da festividade colexial 2019
14/02/2019
O pasado venres 8 de febreiro tivo lugar a tradicional festa colexial na que se honrou coa Insignia de Ouro a sete profesionais polos seus 40 anos de exercicio de forma continuada. Ao acto asistiron o conselleiro de Vicepresidencia, Alfonso Rueda; o alcalde de Vigo, Abel Caballero; o xuíz decano de Vigo, Germán Serrano; o fiscal xefe da provincia de Pontevedra, Juan Carlos Aladro; e o delegado da Xunta en Vigo, Ignacio López Chaves; entre outras autoridades.

A continuación achegamos a ligazón da canle de Youtube para que poidades ver os mellores momentos da festa colexial. Para ver o desenvolvemento íntegro do acto podedes acceder a través da seguinte ligazón.

Así mesmo, lembrámosvos que na galería fotográfica da web do Colexio están dispoñibles o resto de fotos, ás que podedes acceder aquí.

Ademais, é posible consultar a difusión da festa colexial nos diferentes medios dixitais: Faro de VigoAtlántico e La Voz de Galicia.


                                          
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrar sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Aceptar cookies | Más información