Nas eleccións celebradas o pasado 21 de decembro para cubrir o cargo de deputado 5 da Xunta de Goberno do Colexio, resultou proclamada a compañeira Dª María Asunción Álvarez Lois, ao obter a maior puntuación.
O resultado da votación, segundo o valor que lles asigna o artigo 64 do Estatuto do Colexio aos votos dos colexiados exercentes foi o seguinte:
- María Asunción Álvarez Lois: 211 votos.
- Iago Otero Moreiras: 77 votos.
- Carlos Sánchez Rodríguez: 65 votos.
- María Aranzazu Díez Nogueira: 4 votos.