Búsqueda avanzada
Circular 9/2018. Convocatoria dunha praza para impartir a materia de Dereito Laboral ​no Mestrado Universitario de Avogacía de Vigo
16/10/2018
Achegámosvos a circular 9/2018 sobre a convocatoria dunha praza para impartir a materia de Dereito Laboral dentro das clases que lle corresponden ao ICAV no Mestrado Universitario da Avogacía de Vigo. Poderán optar á praza os colexiados e colexiadas exercentes con, polo menos, 5 anos de exercicio profesional ininterrompido en materia preferente de Dereito Laboral, que non estean afectados por sanción disciplinaria e que resulten máis cualificados conforme á relación de méritos  acreditados.

Os interesados terán de prazo ata o 7 de novembro de 2018 para presentar a seguinte solicitude nas oficinas do Colexio de Avogados de Vigo, Edificio Praza de América n.º 2-1º ou por correo electrónico: colexio@icavigo.org
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrar sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Acepto | Rechazo | Configurar | Más información