O Pleno da Sala Primeira do Tribunal Supremo deliberou e resolveu dous recursos de casación en relación con senllas reclamacións de consumidores contra cláusulas das súas escrituras de préstamo con garantía hipotecaria, que lles atribuían o pago de todos os gastos e impostos xerados pola operación.
O tribunal partiu da súa propia xurisprudencia sobre unha cláusula abusiva que, sen negociación e de maneira indiscriminada, atribúe en todo caso o pago dos gastos e impostos ao consumidor, a pesar de que a lei, segundo os distintos supostos, fai unha distribución destes.
Fonte: Poder Judicial