Búsqueda avanzada
COMUNICACIÓN.- Convenio CGAE coa Consejería de Hacienda, Admóns Públicas y Transformación Digital de Castilla-La Mancha
15/07/2024
 
Prezado compañeiro, prezada compañeira:
 
     O CGAE asinou un acordo de colaboración social para a presentación telemática de autoliquidacións, declaracións, comunicacións e outros documentos tributarios en representación de terceiras persoas, coa Consejería de Hacienda, Administraciones Públicas y Transformación Digital de Castilla-La Mancha.
 
     Os compañeiros e compañeiras que estean interesados deben comunicalo ao Colexio por correo electrónico a colexio@icavigo.org, xuntando a autorización de cesión de datos que se acompaña. O Colexio remitirá ao CGAE a solicitude de alta e, unha vez confirmada ésta, os letrados e letradas deben presentar unha solicitude de adhesión individual ao acordo. O modelo de solicitude deberá confeccionarse e presentarse telemáticamente pulsando na opción Colaboradores Sociales->Modelo individualizado de adhesión que se encontra na dirección electrónica https://portaltributario.jccm.es
 
 
     Un saúdo,
 
 
A Decana,
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrar sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Acepto | Rechazo | Configurar | Más información