Búsqueda avanzada
A Avogacía celebrou o xuramento de 40 novos colexiados que inician a súa carreira profesional 
09/05/2022
O Colexio de Avogados de Vigo celebrou esta fin de semana o acto de xuramento de 40 novos colexiados, que inician así oficialmente as súas carreiras profesionais no mundo da avogacía.

A cerimonia solemne estivo presidida pola decana desta institución, Lourdes Carballo; o xuíz decano de Vigo, Germán Serrano; e o decano dos procuradores, José Antonio Fandiño.

Lourdes Carballo insistiu na importancia deste acto solemne. “É asistir ao compromiso destas persoas, que empezan a exercer, de lealdade aos seus clientes, de respecto, independencia e liberdade. A esencia desta profesión é atender os intereses da cidadanía e protexer o dereito fundamental á defensa”, lembrou.
 
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrar sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Acepto | Rechazo | Configurar | Más información