Búsqueda avanzada
COMUNICACION - Avances en conciliación para a Avogacía
15/11/2021
Prezado compañeiro:
 
Fruto das reunións mantidas co Ministerio de Justicia no seo do Grupo de Trabajo de Conciliación -no que teño o honor de participar en representación do CGAE con as Decanas de Valencia e Talavera de la Reina-, e que foi creado para favorecer a conciliación de profesionais na administración de xustiza  mediante a modificación das leis procesuais do orden civil, penal e laboral  a través da Ley de Eficiencia Procesal, a Avogacía conseguiu que se recollan no texto gran parte das súas demandas.
 
En primeiro lugar, incorpóranse ao proxecto as modificacións lexislativas pertinentes para a introdución da maternidade e a paternidade como causa de suspensión do procedemento xudicial polos prazos obrigatorios establecidos na lexislación social.
 
Deste xeito, o parto, nacemento ou adopción non será únicamente causa de suspensión de vistas, se non do curso do procedemento no que a avogada ou avogado interveñan, permitindo que durante ese tempo poida disfrutar da súa baixa ou permiso de maternidade ou paternidade.
 
Ademais, logrouse incorporar ao calendario xudicial un novo período inhábil coincidente coas vacacións de Nadal, que abarca desde o día 23 de decembro ao 6 de xaneiro, ambos inclusive.
 
Introdúcese tamén como causa de suspensión do procedemento xudicial o falecemento, accidente, hospitalización ou enfermidade grave dun familiar, desde 3 a 5 días (segundo o grao de parentesco e necesidades de desprazamento), coa correspondente desconexión dixital por dito período.
 
Finalmente acóllese a petición de permitir a presentación de escritos e documentos antes das 15 horas do primeiro día hábil seguinte ao último día de plazo, cando este é inhábil, sexa procesual ou sustantivo.

Xunto á avogacía, participaron no Grupo de Trabajo para a conciliación representantes da Procuraduría e Graduados Sociais, cuxas demandas foron tamén acollidas. Así, ven recollido no texto a desconexión dixital durante tres días hábiles, cando polos Colexios de Procuradores se comuniquen causas obxectivas de forza maior que afecten á persoa profesional da Procura, tales como maternidade, paternidade, acollemento ou adoción, enfermidade grave e acidente con hospitalización, falecemento de parentes hasta segundo grao de consanguinidade. Ademais, establécese legalmente o escalonamento na prática das notificacións tras os períodos de suspensión.
 
O Anteproyecto de Ley de Eficiencia Procesal, no que se recollen as modificacións lexislativas relacionadas,  será remitido polo Ministerio de Justicia ao Consejo de Estado para informe, sendo intención da Abogacía manter todas as súas demandas durante  o proceso de tramitación da norma  e na fase  parlamentaria, a fin de que  as medidas que en materia de conciliación  foron aprobadas polo Pleno del CGAE de 22 de novembro de 2019, se recollan nas normas procesuais, e por ende o dereito dos avogados e avogadas a conciliar o desempeño das súas funcións profesionais coa súa vida persoal e familiar quede  recoñecido  na lei e pase a respetarse nos tribunais.
 
Espero que recibas este avance coa mesma ilusión que nós, en pro dunha administración de xusticia en sintonía coas necesidades dos seus profesionais.
 
Un saúdo,
 
                                                                                      A Decana,
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrar sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Acepto | Rechazo | Configurar | Más información