Búsqueda avanzada
COMUNICACIÓN Conferencia en liña "Riders, o poder do algoritmo"
20/04/2021
Prezado compañeiro:

Informámosvos de que o martes 27 de abril, ás 17 h., terá lugar a conferencia en liña “Riders, o poder do algoritmo”, organizada polo Ilustre Colexio da Avogacía de Ourense e emitida a través da plataforma Zoom, coa colaboración do Consello da Avogacía Galega.
 
A conferencia será impartida por Pedro F. Rabanal Carbajo, Maxistrado do Xulgado do Social 4 de Ourense.
 
Sobre o contido da conferencia, o Tribunal Supremo cuestionou o modelo laboral das plataformas dixitais de repartición. Estas contan cun gran número de repartidores, coñecidos como “riders”, que o alto tribunal di que son asalariados e non autónomos como lles recoñecían as empresas até o de agora. Esta decisión chega por parte dos xuíces do Social do Supremo, que fallaron que un antigo traballador da plataforma Glovo (a máis popular xunto a Deliveroo) mantiña unha relación laboral coa empresa. Estas serán as cuestións que se abordarán.
 
A inscrición é gratuíta e as prazas limitadas por rigurosa orde de inscrición desde a seguinte ligazón: https://zoom.us/webinar/register/WN_8MIQk-M7SMSd6qmYPa1BSw 
 
Aqueles e aquelas que teñan praza recibirán un correo de confirmación cos datos de acceso á conferencia en liña. Lembramos que cada enlace de acceso é único por inscrito/a.
 
Para calquera dúbida, pódese contactar co Consello no 981121893 (en horario de 9.30 a 15.30 h.) ou no enderezo electrónico redes@avogacia.gal.
 
        
Un saúdo,
 
                                                                                      A Decana.
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrar sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Acepto | Rechazo | Configurar | Más información