Búsqueda avanzada
COMUNICACIÓN.- Relativa á comisión para a elaboración da "Ley del Derecho de Defensa", e propostas do CGAE.
22/05/2020
Prezado compañeiro, Prezada compañeira:

Dentro das distintas actuacións e xestións que ven realizando durante os últimos días o CGAE, infórmoche que a Presidenta do CGAE incorporouse na recentemente constituída comisión para a elaboración da Ley del Derecho de Defensa, un proxecto largamente anhelado e impulsado polo CGAE e a Avogacía en xeral.

Gracias á creación deste grupo de traballo esperamos que poida elaborarse un anteproxecto de lei que aborde o exercicio, con plenas garantías, dese dereito fundamental, tanto dende a perspectiva profesional, como procesual e asistencial.

Durante o transcurso da audiencia que mantivo a Presidenta con S.M. O Rei Don Felipe VI, pola Presidenta incidiuse na reclamación da avogacía de que se restableza a normalidade na administración de xustiza o antes posible, se recoñeza con maior dignidade a fundamental labor da Quenda de Oficio e se tomen medidas para aliviar a dramática situación económica na que se encontran tantas avogadas e avogados no noso país, trasladándolle a necesidade de que se nos equipare a outros profesionais autónomos en materia de prestacións, axudas e subvencións, contando coa compresión do Rei,  e mensaxes de ánimo que che traslado con estas líneas. Así mesmo  a Presidenta trasladou ao Xefe do Estado a absoluta necesidade dun Pacto de Estado pola Xustiza, como parte integrante dos pactos para a recuperación económica do país.

Por último, trasládoche as propostas para á Ley de Agilización Procesal, resultado do estudo e compendio de aportacións e suxerencias de Colexios de Avogados, Asociacións, Consellos Autonómicos, Comisións do CGAE e avogadas e avogados de toda España, aprobadas polo Pleno do CGAE, e remitidas ao Ministerio de Xustiza.

Co desexo de que tanto ti como os teus esteades e sigades ben, saúdate,

                                                                                             A Decana


- Proposta axilización procesual.

- Proposta conciliación.

- Modificación sistema custas.
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrar sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Aceptar cookies | Más información