Búsqueda avanzada
COMUNICACIÓN.-Orde INT 407 2020, de 12 de maio de 2020, pola que se adoptan medidas para retomar a actividade nos centros penitenciarios
19/05/2020
A pasada semana, dende o CGAE solicitouse á Secretaría Xeral de Institucións Penitenciarias a flexibilización das restriccións adoptadas en relación coas persoas internas nos centros penitenciarios de España, e o 13 de maio publicouse no BOE a Orde INT/407/2020 de 12 de maio.

Con posterioridade, tras requerilo o CGAE de forma expresa, o Director Xeral de Execución Penal e Reinserción Social comunicou aos Centros Penitenciarios dependentes de dita Secretaría Xeral ubicados en ámbitos xeográficos que se encontran en fase 1 ou 2 de desescalada, a autorización das comunicacións orais por locutorios entre os internos e os seus avogados.

Igualmente, autorízase expresamente a prestación presencial dos SOJP, sempre con respecto ás medidas de prevención que establecen as autoridades sanitarias.
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrar sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Acepto | Rechazo | Configurar | Más información