Búsqueda avanzada
 34/2020.- Criterios Xulgados de Familia fronte á pandemia Coronavirus
25/03/2020
Pola NdeP do CGPJ que xa vos foi remitida xunto coa Circular 29-2020, o órgano de goberno dos xuíces sinala que as medidas adoptadas xudicialmente nos procedementos de familia non quedan afectadas pola regra xeral de suspensión de prazos e actuacións procesuais durante o estado de alarma, sen que iso signifique que a execución práctica do réxime establecido non se vexa afectado polo disposto no Real Decreto 463/2020, xa que “a necesidade de preservar a saúde dos fillos e dos proxenitores pode impoñer, segundo as circunstancias, a modulación ou a modificación do réxime de custodia, visitas e estancias, alterando ou suspendendo a execución das medidas acordadas ou determinando unha particular forma de levalas a cabo”.

Engade a Comisión Permanente do CGPJ que, en último termo, “corresponde ao xuíz ou maxistrado adoptar a decisión que proceda” en función das circunstancias do caso, en garantía da finalidade tuitiva do Real Decreto e da preservación da saúde e benestar dos fillos, así como da saúde dos proxenitores e, en xeral, da saúde pública.

Por último, a Comisión Permanente di que “o anterior non é obstáculo á eventual adopción de acordos nas xuntas sectoriais dos Xulgados de Familia con obxecto de unificar criterios e de establecer pautas de actuación conxunta en orde a satisfacer as finalidades de protección a que está orientado o Real Decreto 463/2020”. Moitos foron os Xulgados e Tribunais que acordaron publicar os seus Criterios sobre os efectos da pandemia provocada polo COVID-19 no cumprimento das medidas sobre custodia e réxime de visitas de menores.

Esta mañá recibimos a Acta da Xunta de Xuíces Sectorial de Familia de Vigo. 

Por se fose do voso interese, informámosvos que na páxina web do Colexio están á vosa disposición os Criterios que compañeiras e compañeiros de Vigo e de toda España  nos foron enviando. 
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrar sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Aceptar cookies | Más información