Búsqueda avanzada
Comunicación. Orde Europea de Retención de Contas
11/02/2020
Nova investigación sobre Dereito Procesual Comparado no Instituto Max Planck de Alemaña.

O investigador Carlos Santaló Goris, está a escribir a súa tese doutoral baixo a dirección do profesor Dr. Dres. h. c. Burkhard Hess.

O seu obxectivo é a realización dun estudo comparado sobre a implementación da Orde Europea de Retención de Contas ( OERC) en España e outros países europeos.

O seu estudo ten un enfoque empírico, por iso, Carlos está a contactar con xuíces, avogados e procuradores do noso país que puidesen ter contacto con este novo instrumento.

O fin seria que respondesen un pequeno cuestionario sobre a OERC en base á súa experiencia.

No caso de que algún dos colexiados estivese interesado en participar no cuestionario, facilitámosche os datos de contacto do investigador:



Carlos Santaló Goris 
Research Fellow Max Planck Institute Luxembourg for Procedural Law 
4, rue Alphonse Weicker L-2721 
Luxembourg tel: (+352) 269 488 272 

carlos.santalo@mpi.lu www.mpi.lu
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrar sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Aceptar cookies | Más información