Búsqueda avanzada
Circular 5/2020. Dispoñible a APP para móbiles de ICAVIGO 
22/01/2020
Xa é posible descargar no teu dispositivo móbil a nova APP do Colexio.

Para iso, accede á Play Store (Android) ou á App Store (Iphone) e busca a APP polo termo ICAVIGO.

Unha vez descargada a APP aparecen os campos:

Usuario
Contraseña


Para acceder, tes que escribir as mesmas claves de “usuario” e “contraseña” que utilizas para a páxina web do Colexio.

Unha vez dentro do APP aparece un menú cos seguintes apartados:

MENSAXES Aquí recibiredes mensaxes curtas, tipo SMS, con avisos de especial relevancia.

EVENTOS Enlaza co contido do mesmo nome da web.

TELÉFONOS Teléfonos de interese.

INCIDENCIAS Mediante este apartado pódense comunicar ao Colexio calquera problema, incidencia, etc., que podedes ter nos Xulgados, na garda da quenda de oficio...

QUENDAS/GARDAS Enlaza co contido do mesmo nome da web.

XULGADOS DE GARDA Enlaza co contido do mesmo nome da web.

PAGOS E COTAS Enlaza co contido do mesmo nome da web.

ENLACES Enlaces de interese.

CENSO AVOGACIA Censo do CGAE, dos avogados de España.

CENSO Censo do ICAVIGO.

NOTICIAS Enlaza co contido do mesmo nome da web.
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrar sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Acepto | Rechazo | Configurar | Más información